Entradas

ATA PRONTO!

Imagen
ALUMNADO CON  NEAE DE 1º E 2º DA ESO DO IES CASTRO ALOBRE DE VILAGARCÍA DE AROUSA Boas noites! Ata aquí chegou o percorrido neste curso académico 2019-2020 deste blogue que xurdiu e se elaborou no confinamento en tempos de pandemia pola covid-19. Estivemos repasando os contidos dados no 1º e 2º trimestre deste curso, e a partir do día 23 de abril foi unha xanela aberta á lectura, que ten que ser para todos nós un hábito cotiá. O meu obxectivo foi contribuír a mantela e impulsala, pois a lectura é unha constante na nosa vida. Espero que disfrutarades nesta viaxe a través das letras; quedaron atrás moitos autores e autoras en lingua castelá e lingua galega que non puideron, por falta de tempo, ver a luz neste blogue no presente curso. Grazas a todas e todos os que léchedes este blogue pola vosa atención e seguimento. E recordarvos que non vos esquezades de ler un pouquiño tódolos días e para que poida voar a vosa imaxinación lede moito este verán e disfrutade...

UNHA VIAXE A TRAVÉS DAS LETRAS-Textos escollidos

Imagen
ALUMNADO CON NEAE DE 1º E 2º DA ESO DO IES CASTRO ALOBRE DE VILAGARCÍA DE AROUSA Boas tardes! Hoxe imos tratar a figura dun escritor polifacético, mestre da narrativa fantástica,  homenaxeado no Día das Letras Galegas no ano 1991. É Álvaro Cunqueiro Mora (1911-1981), novelista, poeta, dramaturgo, periodista e  gastrónomo. En palabras de Carballo Calero na súa Historia da Literatura Galega Contempóranea :"  Con Álvaro Cunqueiro achámonos en presencia dun escritor profesional, tipo dabondo raro na moderna literatura galega". O primeiro Cunqueiro foi fundamentalmente poeta, de xeito vangardista, e logo da guerra civil dedicouse sobre todo a narrativa e o xornalismo, deixando artigos en La Voz de Galicia , El Progreso e Faro de Vigo, entre outros. Imos ler un fragmento da súa obra Xente de aquí e de acolá publicada no ano 1971 Cando Penedo foi de caza Penedo de Oirán mercou unha escopeta de segunda man, e botouse ao monte, novato cazador aos ci...

UNHA VIAXE A TRAVÉS DAS LETRAS-Textos escollidos

Imagen
ALUMNADO CON NEAE DE 1º E 2º DA ESO DO IES CASTRO ALOBRE DE VILAGARCÍA DE AROUSA Boas tardes! Hoxe falaremos do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas no ano 1992, vinculado ós novos movementos literarios e culturais de Galicia, foi en 1923 un dos fundadores do Seminario de Estudos Galegos. É Fermín Bouza-Brey Trillo (1901-1973), xuíz de primeira instancia e maxistrado, dedicouse toda a súa vida ós estudios de prehistoria e etnografía, temas sobre os que publicou gran cantidade de monografías e artigos. En palabras de Carballo Calero na súa Historia da Literatura Galega Contemporánea ;"... a súa obra científica é de arqueólogo e etnógrafo, historiador da cultura e erudito da literatura galega... Como poeta , en Nós foron aparecendo versos seus a partir de 1922..." Imos ler un dos seus poemas que é un soneto Diante do mar de Cambados O canistrel de mestos lumiares que na serán calada se derrama, todo luz, todo ouro, todo flama, envexa d...

UNHA VIAXE A TRAVÉS DAS LETRAS-Textos escollidos

Imagen
ALUMNADO CON NEAE DE 1º E 2º DA ESO DO IES CASTRO ALOBRE DE VILAGARCÍA  DE AROUSA Boas tardes! Hoxe tócanos falar dun escritor e periodista. tanto en galego como en castelán, que emigrou a Arxentina, onde viviu longos anos, e a quen se lle dedicou o Día das Letras Galegas no ano 1993. É Eduardo Blanco Amor (1897-1979), mestre da moderna narrativa galega. En palabras de Carballo Calero na súa Historia da Literatura Galega Contemporánea : "Blanco Amor era fundamentalmente poeta antes de 1936. É fundamentalmente prosista despóis desa data". Moitas das súas obras narrativas ( A esmorga, Xente ao Lonxe, Os biosbardos ) desenvólvense nunha cidade ficticia, Auria, trasposición literaria do seu Ourense natal. Os biosbardos é  un conxunto de" contos para a xente" postos todos en boca de sete rapaces de diferentes idades que van contando experiencias persoais do intenso e ás veces dramático mundo infantil. Imos ler un fragmento desta obra literaria: ...

UNHA VIAXE A TRAVÉS DAS LETRAS-Textos escollidos

Imagen
ALUMNADO CON NEAE DE 1º E 2º DA ESO DO IES CASTRO ALOBRE DE VILAGARCÍA DE AROUSA  Boas tardes! E moi boa fin de semana! Imos centrarnos nun xornalista que dirixiu as publicacións Nova Galiza , Hora de España , entre outras; que exerceu como lector de español en Cambridge e foi profesor en Monterrey (México), a quen se dedicou o Día das Letras Galegas no ano 1995. É Rafael Dieste González (1899-1981), dramaturgo, ensaísta e poeta, considerado un dos mellores narradores da xeración que seguiu a Castelao e Otero Pedrayo. En 1970 ingresou na Real Academia Galega. Carballo Calero, na súa Historia da Literatura Galega Contempóranea , di: "...a obra galega de Dieste é narrativa e teatral...". Imos ler un fragmento dun relato, O grandor do mundo , que aparece no apéndice da comedia A fiestra valdeira (1927). O GRANDOR DO MUNDO Tanto ouvira falar de Bôs-Aires, das ruas longas e direitas que non se dan ademiradas nin andadas, da prata relocinte e xeneros...

UNHA VIAXE A TRAVÉS DAS LETRAS-Textos escollidos

Imagen
ALUMNADO CON NEAE DE 1º E 2º DA ESO DO IES CASTRO ALOBRE DE VILAGARCÍA DE AROUSA Boas tardes! Imos recordar hoxe un escritor e arqueólogo a quen se lle dedicou o Día das Letras Galegas no ano 1968. Podemos dicir que con él, Galicia soubo, por fin, que tiña unha riquísima prehistoria. Sabedes de quen falo? É Florentino López  Alonso-Cuevillas (1886-1958) antropólogo e prehistoriador, que fixo investigacións no campo da cultura celta-castrexa e da sistematización da prehistoria galega contribuíndo co seu traballo científico na normalización da lingua galega. En palabras de Carballo Calero na súa Historia da Literatura Galega Contemporánea :"... Cuevillas nunca fai literatura gratuita. É un historiador, un prehistoriador ou un pensador; pero posee unha educación e unha capacidade literaria que lle permiten informar artísticamente o contido da súa comunicación científica". No libro póstumo  de Cuevillas, Prosas galegas, lemos o seguinte fragmento: ...

UNHA VIAXE A TRAVÉS DAS LETRAS-Textos escollidos

Imagen
ALUMNADO CON NEAE DE 1º E 2º DA ESO DO IES CASTRO ALOBRE DE VILAGARCÍA DE AROUSA Boas tardes! Hoxe falamos dun intelectual, xeógrafo, investigador e político galeguista, que recibiu o título de O Patriarca polo que chegou a significar na vida e na cultura de Galicia, homenaxeado no Día das Letras Galegas no ano 1988. É Ramón Antonio Vicente Otero Pedrayo (1888-1976), que naceu en Ourense na rúa da Paz , na mesma casa que Vicente Risco, e que foi Catedrático de Xeografía e Historia na súa cidade e máis tarde, pouco antes da súa xubilación, en Santiago de Compostela. Cultivou a poesía, os relatos, a novela, os ensaios, os libros de viaxes...Como di Carballo Calero na súa Historia da Literatura Contemporánea : "A personalidade literaria de Ramón Otero Pedrayo é moi complexa, cultivou a literatura didáctica e a literatura poética. Dentro desta a ficción, o drama e a lírica". Imos ler un fragmento do conto que leva por título As sete portas da sociedade , que se...

UNHA VIAXE A TRAVÉS DAS LETRAS-Textos escollidos

Imagen
ALUMNADO CON NEAE DE 1º E 2º DA ESO DO IES CASTRO ALOBRE DE VILAGARCÍA DE AROUSA Boas tardes! Imos fixarnos nun pintor, debuxante, escritor e político que naceu na vila mariñeira de Rianxo e morreu en Bos Aires, a quen se homenaxeu no  Día das Letras Galegas no ano 1964. É Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao (1886-1950), un dos pais do nacionalismo galego. Castelao, como artista, escritor ou político é -sen dúbida- o galego máis destacado do século XX. En 2011, a Xunta de Galicia declarou a súa obra como ben de interese cultural inmaterial. En palabras de Ricardo Carballo Calero na súa Historia da Literatura Contemporánea : "A obra literaria de Castelao é, fundamentalmente, obra de narrador... hai momentos en que Castelao se abandona ao pracer de narrar, mais a súa narrativa é preferentemente de persoaxes e non de acontecementos". Imos ler un fragmento da súa obra Retrincos de 1934:            ...

UNHA VIAXE A TRAVÉS DAS LETRAS-Textos escollidos

Imagen
ALUMNADO CON NEAE DE 1º E 2º DA ESO  DO IES CASTRO ALOBRE DE VILAGARCÍA DE AROUSA Bos días ! Imos seguir a nosa viaxe recordando unha figura central na vida cultural e   política galega no primeiro tercio do século XX , a quen se lle dedicou o Día das Letras Galegas en 1981. É Vicente Martínez Risco e Agüero (1884-1963), escritor, político e ensaista, de ideoloxía galeguista conservadora que conformou as bases do nacionalismo galego. Na Historia da Literatura Galega Contemporánea , Carballo Calero di:" Risco é un escritor fundamentalmente didáctico, de xeito que a súa narrativa é ideolóxica: ou trátase de sátira social, ou glósase a cultura popular ou algunha outra forma da cultura". Imos ler un fragmento da súa obra recopilatoria Leria (1961): “Nas camiñatas longas polas vereas enlamadas do val, antre as muradellas dos eidos e á sombra dos carballos, polos vieiros abertos da serra, batidas do vento, antre as uces e as carqueixas, polas estrada...

UNHA VIAXE A TRAVÉS DAS LETRAS-Textos escollidos

Imagen
  ALUMNADO CON NEAE DE 1º E 2º DA ESO DO IES  CASTRO ALOBRE DE VILAGARCÍA DE AROUSA Boas tardes !... E moi boa fin de semana! Hoxe falaremos dun escritor, que naceu na viliña feudal de Fefiñáns, e tomando as  palabras de Carballo Calero: "No momento en que o poeta nacía, chovía a Deus dar augas"....Sabedes de quen falo? É Ramón Cabanillas Enríquez (1876-1959), o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas do ano 1976. Un dos escritores decisivos na creación do imaxinario literario galeguista contemporáneo, razón pola que será recoñecido como o Poeta da Raza e lexítimo sucesor de Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e Curros Enríquez. En 1920 foi elexido membro da Real Academia Galega e no ano 1929 da Real Academia Española. A súa obra é unha proclama poética de loita anticaciquil, como corrobora no segundo libro de poemas Vento mareiro , do que imos ler o poema Camiño Longo .       Camiño, camiño longo,   camiño da m...

UNHA VIAXE A TRAVÉS DAS LETRAS-Textos escollidos

Imagen
ALUMNADO CON NEAE DE 1º E 2º DA ESO DO IES CASTRO ALOBRE DE VILAGARCÍA DE AROUSA Boas tardes! Hoxe recordaremos a un poeta e mestre, ao autor a quen se dedicou o Día das Letras Galegas no ano 1969. É Antonio Noriega Varela (1869-1947), coñecido como o poeta da montaña que foi nomeado membro da Real Academia Galega en 1927. En palabras de Ricardo Carballo Calero: "Noriega é un mestre de escola rural. É un poeta que por mor da súa profesión de escolante se pon en contacto coa aldea". A lírica de Noriega é diálogo coa natureza, Noriega ten sempre unha compañeira, a paisaxe da montaña que é o seu agarimo. Imos ler un dos seus poemas que fala dun arbusto típico de Galicia: "As floriñas dos toxos nin rosiñas brancas, nin claveles roxos! Eu venero as floriñas dos toxos. Dos toxales as tenues floriñas, que sorrín, a medo, entre espiñas. Entre espiñas que o ceo agasalla con diamantes as noites que orballa. Oh, do ermo prezado tesouro: a...

UNHA VIAXE A TRAVÉS DAS LETRAS-Textos escollidos

Imagen
ALUMNADO CON NEAE DE 1º E 2º DA ESO DO IES CASTRO ALOBRE DE VILAGARCIA DE AROUSA Boas tardes! Hoxe imos falar dunha narradora e poeta a quen se lle dedicou o Día das Letras Galegas no ano 1987. É a coruñesa Francisca Herrera Garrido (1869-1950), a primeira muller en ser elexida membro numerario da Real Academia Galega no ano 1945, que morreu denantes de ler o seu discurso de ingreso na RAG sobre Rosalía e os poetas considerados "poetas da Raza".  Francisca Herrera tivo como modelo literario a Rosalía de Castro a quen coñeceu  e a quen leu intensamente. En palabras de Carballo Calero na súa Historia da Literatura Galega Contemporánea , Francisca:..."debe ser tida como unha das primeiras figuras femeninas da literatura galega... apurrada por unha fervente vocación, escribiu moitísimos versos aos  que non tardaron en seguir as prosas."  En 1920 publica a súa novela longa Néveda , a obra máis coñecida da autora, onde consigue reflectir con aut...

UNHA VIAXE A TRAVÉS DAS LETRAS-Textos escollidos

Imagen
ALUMNADO CON NEAE DE 1º E 2º DA ESO DO IES CASTRO ALOBRE DE VILAGARCÍA DE AROUSA Bos días!  Como estades?... Xa falta pouco para rematar o curso. Hoxe tócanos falar dun poeta e xornalista representante do período histórico-ĺiterario denominado Rexurdimento da literatura galega  a quen se lle dedicou o día das Letras Galegas no ano 1967. É Manuel Curros Enríquez (1851-1908), o príncipe dos poetas galegos. En palabras de Carballo Calero na súa Historia da Literatura Galega Contemporánea : ..."perante o público do seu tempo, Curros triunfou plenamente como poeta..." En 1880 publica Aires da Miña Terra e o bispo de Ourense denunciou ó escritor por herexías e ataques a relixión e Curros foi procesado. O seu avogado conseguiu a súa absolución. En 1894 decide emigrar a América. Na Habana, onde morre en 1908, dirixe o xornal La Tierra Gallega e despois escribe no Diario de la Marina . Agora imos ler o poema que Curros lle adica a Mariquiña Puga, a filla do se...

UNHA VIAXE A TRAVÉS DAS LETRAS-Textos escollidos

Imagen
ALUMNADO CON NEAE DE 1º E 2º DA ESO DO IES CASTRO ALOBRE DE VILAGARCÍA DE AROUSA Bos días! Hoxe imos recordar outro dos grandes escritores do século XIX, xunto con Rosalía e Curros, a quen se lle dedicou o Día das Letras Galegas no ano 1965. Sabedes de quen falo? É Eduardo María González-Pondal y Abente (1835-1917), aristócrata. escritor. político e médico. Pondal entende a nobreza como guía e conducción do pobo e ao pobo galego como raza escolleita. En palabras de Carballo Calero, na súa obra Historia da Literatura Galega Contemporánea di: "Soña así Pondal cun imperio hispánico promovido por Galicia. O pobo galego ten, pois un grorioso destino..." Tense polo poeta da patria galega. As primeiras estrofas do seu poema Os Pinos da súa obra Queixumes dos pinos de 1886, son a letra do himno galego adoptado oficialmente tras a aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981. O poema xira sobre a figura de Breogán, rey celta considerado o pai ...

UNHA VIAXE A TRAVÉS DAS LETRAS-Textos escollidos

Imagen
ALUMNADO CON NEAE DE 1º E 2º DE ESO DO IES CASTRO ALOBRE DE VILAGARCÍA DE AROUSA Boas tardes! E moi boa fin de semana! Hoxe falaremos do libro de poemas de Rosalía de Castro, Follas Novas , que viu a luz primeira no ano 1880, un lustro antes de que Rosalía moribunda pedira que lle abrisen a xanela para poder ollar o mar, que foi a súa derradeira mirada lírica. En palabras da propia autora, nunha introdución, da obra dinos que os versos dos poemas de Follas Novas foron "escritos no deserto de Castilla, pensados e sentidos nas soidades da Natureza e do meu corazón, fillos cativos das horas de enfermedade e de ausencias..." Imos ler un destes poemas no Libro Quinto AS VIUDAS DOS VIVOS I AS VIUDAS DOS MORTOS   ¡PRA A HABANA!   I    Vendéronlle os bois, vendéronlle as vacas, o pote do caldo i a manta da cama.    Vendéronlle o carro i as leiras que tiña; deixárono soio ca roupa vestida .   "María, eu...

UNHA VIAXE A TRAVÉS DAS LETRAS-Textos escollidos

Imagen
ALUMNADO CON NEAE DE 1º E 2º DA ESO DO IES CASTRO ALOBRE DE VILAGARCÍA DE AROUSA Bos días! Gustouvos o poema que lemos onte?... Por suposto. Ricardo Carballo Calero na súa Historia da Literatura Galega Contemporánea adícalle máis de oitenta páxinas a falar de Rosalía de Castro e a súa obra. Di e cito palabras textuais: " Cantares gallegos asinala o primeiro fito inconmovibre na historia da literatura galega contemporánea. Cos Cantares , isa literatura contóu xa cunha obra maestra...Rosalía é o primeiro clásico do século XIX." Máis adiante continúa dicindo Carballo Calero: "Ista muller, que recibíu unha educación mediocre, e que non frecuentóu os círculos inteleituás máis renomados  do seu tempo, que levóu unha vida de dificultades polo que se refire a súa saúde -sempre ameazada- e á súa economía -sempre abalante-, tivo azos pra escribir algúns dos poemas máis estraordinarios do seu tempo, e que, pola súa gracia engaioladora ou pola súa fondura arri...

UNHA VIAXE A TRAVÉS DAS LETRAS-Textos escollidos

Imagen
ALUMNADO CON NEAE DE 1º E 2º DA ESO DO IES CASTRO ALOBRE DE VILAGARCÍA DE AROUSA Ola! Bos días! Xa sabedes que o día 17 de maio é para os cidadáns e cidadás galegos o Día das Letras Galegas desde que, en 1963, a Real Academia Galega (RAG) decidiu dedicarlle esta data a un autor ou autora que destacase na defensa e promoción da lingua e cultura galegas...Recordades por que se elixiu ese día e a quen se lle dedicou esa 1ª edición das nosas letras? Tendes razón, dedicóuselle a Rosalía de Castro (1837-1885) polo seu libro Cantares Gallegos publicado o 17 de maio de 1863, que viu a luz para reivindicar a Galicia e a súa lingua. En 1963 cumpríasen os cen anos desta efeméride, de maneira que cando foi aprobada por unanimidade a proposta de declarar tal data como Día das Letras Galegas conmemorábase un momento fundamental das nosas letras á vez que se abría un camiño de recordo e recuperación , de celebración e de festa. Se vos parece imos ler no libro Cantares Gallegos...