UNHA VIAXE A TRAVÉS DAS LETRAS-Textos escollidos
ALUMNADO CON NEAE DE 1º E 2º DA ESO DO IES CASTRO ALOBRE DE VILAGARCÍA DE AROUSA
Bos días!
Hoxe imos recordar outro dos grandes escritores do século XIX, xunto con Rosalía e Curros, a quen se lle dedicou o Día das Letras Galegas no ano 1965.
Sabedes de quen falo?
É Eduardo María González-Pondal y Abente (1835-1917), aristócrata. escritor. político e médico. Pondal entende a nobreza como guía e conducción do pobo e ao pobo galego como raza escolleita. En palabras de Carballo Calero, na súa obra Historia da Literatura Galega Contemporánea di: "Soña así Pondal cun imperio hispánico promovido por Galicia. O pobo galego ten, pois un grorioso destino..."
Tense polo poeta da patria galega. As primeiras estrofas do seu poema Os Pinos da súa obra Queixumes dos pinos de 1886, son a letra do himno galego adoptado oficialmente tras a aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981.
O poema xira sobre a figura de Breogán, rey celta considerado o pai mitolóxico do pobo galego. Imos lelo:
OS PINOS ( Himno galego)
¿ Que din os rumorosos
na costa verdecente,
ao raio trasparente
do prácido luar?
¿Que din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?
Do teu verdor cinguido
e de benignos astros,
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono,
fogar de Breogán.
Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden,
e con arroubo entenden
o noso rouco son,
mais soo os iñorantes,
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non os entenden non.
Os tempos son chegados
dos bardos das edades,
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.
.........
https://www.youtube.com/watch?v=zytLUE--FVE
Comentarios
Publicar un comentario