UNHA VIAXE A TRAVÉS DAS LETRAS-Textos escollidos
ALUMNADO CON NEAE DE 1º E 2º DA ESO DO IES CASTRO ALOBRE DE VILAGARCÍA DE AROUSA
Boas tardes!
Hoxe recordaremos a un poeta e mestre, ao autor a quen se dedicou o Día das Letras Galegas no ano 1969.
É Antonio Noriega Varela (1869-1947), coñecido como o poeta da montaña que foi nomeado membro da Real Academia Galega en 1927.
En palabras de Ricardo Carballo Calero: "Noriega é un mestre de escola rural. É un poeta que por mor da súa profesión de escolante se pon en contacto coa aldea".
A lírica de Noriega é diálogo coa natureza, Noriega ten sempre unha compañeira, a paisaxe da montaña que é o seu agarimo.
Imos ler un dos seus poemas que fala dun arbusto típico de Galicia:
"As floriñas dos toxos
nin rosiñas brancas, nin claveles roxos!
Eu venero as floriñas dos toxos.
Dos toxales as tenues floriñas,
que sorrín, a medo, entre espiñas.
Entre espiñas que o ceo agasalla
con diamantes as noites que orballa.
Oh, do ermo prezado tesouro:
as floriñas dos toxos son d'ouro!
De ouro vello son, mai, as floriñas
dos bravos toxales, das devocións miñas."
Agora imos escoitar este poema con música de frauta e piano interpretado por uns adolescentes:
Comentarios
Publicar un comentario