UNHA VIAXE A TRAVÉS DAS LETRAS-Textos escollidos

ALUMNADO CON NEAE DE 1º E 2º DA ESO DO IES CASTRO ALOBRE DE VILAGARCÍA DE AROUSA

Boas tardes!

Imos recordar hoxe un escritor e arqueólogo a quen se lle dedicou o Día das Letras Galegas no ano 1968. Podemos dicir que con él, Galicia soubo, por fin, que tiña unha riquísima prehistoria. Sabedes de quen falo?




É Florentino López  Alonso-Cuevillas (1886-1958) antropólogo e prehistoriador, que fixo investigacións no campo da cultura celta-castrexa e da sistematización da prehistoria galega contribuíndo co seu traballo científico na normalización da lingua galega.
En palabras de Carballo Calero na súa Historia da Literatura Galega Contemporánea:"... Cuevillas nunca fai literatura gratuita. É un historiador, un prehistoriador ou un pensador; pero posee unha educación e unha capacidade literaria que lle permiten informar artísticamente o contido da súa comunicación científica".
No libro póstumo  de Cuevillas, Prosas galegas, lemos o seguinte fragmento:

"¡Probiños os ríos! Os máis pequenos morreron xa. As fervenzas dos outros calaron ca súa leda cantiga, e os muiñeiros esqueceron as noites afrodíticas dos muíños. De vagar, de vagar, soio escoan por entre as pedras das presas fíos de auga, tan miudos, tan febles, que semellan as bagoas dun neno. ¿Onde foi, ouh ríos, a vosa forza de viaxeiros arriscados? Tristeiros, mudos, a vosa iauga encora nas chás e fede por que, falla de azos pra camiñar, morreu ca soedade do alén.
E aínda os grandes ríos da nosa terra: O Miño, O Sil, o Ulla, qué debecidos, qué probes! De cada día, o voso leito afúndese máis, como si andivérades a abrir a vosa propia sepultura.
E tí, gabacha fonte do lugar, amiga das mozas e dos parrafeos, e tí, fontiña homildosa da gándara, consolo de pogoreiros, casa frorida da moura encantada,  ¿Qué sentides ao ollar estiñadas as vosas augas? ¿Qué vai ser da moura encantada, cando a fontiña da gándara sexa soio unha cotra regañada?"

Se queredes saber máis de Cuevillas clicade aquí











Comentarios

Entradas populares de este blog

MATEMÁTICAS-Los números naturales

LENGUA CASTELLANA Y LITERATURA - La narración

XEOGRAFÍA E HISTORIA - A Prehistoria e as primeiras civilizacións