UNHA VIAXE A TRAVÉS DAS LETRAS-Textos escollidos

ALUMNADO CON NEAE DE 1º E 2º DA ESO DO IES CASTRO ALOBRE DE VILAGARCÍA  DE AROUSA

Boas tardes!

Hoxe tócanos falar dun escritor e periodista. tanto en galego como en castelán, que emigrou a Arxentina, onde viviu longos anos, e a quen se lle dedicou o Día das Letras Galegas no ano 1993.



É Eduardo Blanco Amor (1897-1979), mestre da moderna narrativa galega. En palabras de Carballo Calero na súa Historia da Literatura Galega Contemporánea: "Blanco Amor era fundamentalmente poeta antes de 1936. É fundamentalmente prosista despóis desa data".
Moitas das súas obras narrativas (A esmorga, Xente ao Lonxe, Os biosbardos) desenvólvense nunha cidade ficticia, Auria, trasposición literaria do seu Ourense natal.
Os biosbardos é  un conxunto de" contos para a xente" postos todos en boca de sete rapaces de diferentes idades que van contando experiencias persoais do intenso e ás veces dramático mundo infantil.
Imos ler un fragmento desta obra literaria:

     Chegamos de volta a Auria sendo eu de once anos dempois de finar mi padre, que sairamos de alí sendo eu moi cativo, que eu non nascera en Auria sinón en Ponte Barxa na raia seca de Portugal sendo meu pai carabinero como o foi até o cabo dos seus días; a miña irmá Alexandrina si, que aló quedou, ós sete, das vixigas en Calahonda, e meu irmao  Alixio tamén que era o meirande e fuxiu cos gitanos, que si o levaran ou si fuxiu nunca se soupo, e non voltou.
     Con que mi madre con sete duros da viuvedade que non chegaban a un dente púxose aínda  máis a cismar na volta a Auria que quedáralle unha cachoupiña cun resío de horta perto da Ponte dos Pelamios, e criar pitas e un marrello pra cebote, que endexamais se afixera en Madrid, nin en Alxeciras, nin en Alcántara (e aínda menos en Ceuta, onde chorou a cotío ano e medio), como si non houbera pitas nin marraus nas outras bandas do mundo, e cando acadou telos eiquí deixou de nifrar por mi padre e de falar do Alixio como si tivese nascido de novo, e púxolle ás pitas nomes de cristiáns e ó porquiño chamáballe Algabeño, e ó galo Canalejas.
     Asegún me decían os rapaces de Auria eu resultara falando o andaluz polo moito que contrapeaba miña fala coa súa, e facíanme falar e coñeábanse de min sin o aparentar anque eu dábame conta, e tamén de que xa non falaba andaluz sinón madrileño que se me apegara dispois...

                                     (Os biosbardos, 1962)

Se queredes saber máis cousas da obra de Blanco Amor, clicade aquí:

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/eduardo-blanco-amor-letras-galegas-1993

Comentarios

Entradas populares de este blog

MATEMÁTICAS-Los números naturales

LENGUA CASTELLANA Y LITERATURA - La narración

XEOGRAFÍA E HISTORIA - A Prehistoria e as primeiras civilizacións