UNHA VIAXE A TRAVÉS DAS LETRAS-Textos escollidos

ALUMNADO CON NEAE DE 1º E 2º DA ESO DO IES CASTRO ALOBRE DE VILAGARCÍA DE AROUSA

Bos días!

Gustouvos o poema que lemos onte?... Por suposto.
Ricardo Carballo Calero na súa Historia da Literatura Galega Contemporánea adícalle máis de oitenta páxinas a falar de Rosalía de Castro e a súa obra. Di e cito palabras textuais: "Cantares gallegos asinala o primeiro fito inconmovibre na historia da literatura galega contemporánea. Cos Cantares, isa literatura contóu xa cunha obra maestra...Rosalía é o primeiro clásico do século XIX."



Máis adiante continúa dicindo Carballo Calero: "Ista muller, que recibíu unha educación mediocre, e que non frecuentóu os círculos inteleituás máis renomados  do seu tempo, que levóu unha vida de dificultades polo que se refire a súa saúde -sempre ameazada- e á súa economía -sempre abalante-, tivo azos pra escribir algúns dos poemas máis estraordinarios do seu tempo, e que, pola súa gracia engaioladora ou pola súa fondura arripiante, colócana á cabeza non só da súa xeración, senón de toda a compaña de escritores galegos. Fíxose, así, figura simbólica, mito i encarnación da ialma da súa terra. É, pois, a figura central da nosa literatura; e teremos que lle adicar unha sostida atención."

Por iso hoxe seguimos lendo outro poema desta escritora galega universal, do seu libro Cantares Gallegos:


Campanas de Bastabales,
cando vos oio tocar,
mórrome de soidades.

I

Cando vos oio tocar,
campaniñas, campaniñas,
sen querer torno a chorar.

Cando de lonxe vos oio,
penso que por min chamades,
e das entrañas me doio.

Dóiome de dor ferida,
que antes tiña vida enteira
i hoxe teño media vida.

Sólo media me deixaron
os que de aló me trouxeron,
os que de aló me roubaron.

Non me roubaran, traidores,
¡ai!, uns amores toliños,
¡ai!, uns toliños amores.

Que os amores xa fuxiron,
as soidades viñeron...
De pena me consumiron.

       II

Aló pola mañanciña
subo enriba dos outeiros
lixeiriña, lixeiriña.

Como unha craba lixeira,
para oír das campaniñas
a batalada pirmeira.

A pirmeira da alborada,
que me traen os airiños
por me ver máis consolada.

Por me ver menos chorosa,
nas súas alas ma traen
rebuldeira e queixumbrosa.

Queixumbrosa e retembrando
por antre a verde espesura,
por antre o verde arborado.
... ... ...

Escoitemos agora este fermoso poema:

 

Comentarios

Entradas populares de este blog

MATEMÁTICAS-Los números naturales

LENGUA CASTELLANA Y LITERATURA - La narración

XEOGRAFÍA E HISTORIA - A Prehistoria e as primeiras civilizacións