UNHA VIAXE A TRAVÉS DAS LETRAS-Textos escollidos

ALUMNADO CON NEAE DE 1º E 2º DA ESO DO IES CASTRO ALOBRE DE VILAGARCÍA DE AROUSA

Boas tardes!

Hoxe falaremos do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas no ano 1992, vinculado ós novos movementos literarios e culturais de Galicia, foi en 1923 un dos fundadores do Seminario de Estudos Galegos.



É Fermín Bouza-Brey Trillo (1901-1973), xuíz de primeira instancia e maxistrado, dedicouse toda a súa vida ós estudios de prehistoria e etnografía, temas sobre os que publicou gran cantidade de monografías e artigos.
En palabras de Carballo Calero na súa Historia da Literatura Galega Contemporánea;"... a súa obra científica é de arqueólogo e etnógrafo, historiador da cultura e erudito da literatura galega... Como poeta , en Nós foron aparecendo versos seus a partir de 1922..."
Imos ler un dos seus poemas que é un soneto

Diante do mar de Cambados

O canistrel de mestos lumiares
que na serán calada se derrama,
todo luz, todo ouro, todo flama,
envexa de solpores e de mares,

preludio é dos pálidos luares
con quen na noite a praia se recama,
en tanto a onda en paxión ama e desama,
envolveita nas néboas tutelares...

Ría de Arousa, grávida de cores,
serea dos atlánticos amores
que acariñache a miña infancia inxela,

faime un recanto no argacento colo,
un sartego onde durma ao teu arrolo
no máis esquivo con da túa orela!


Se queredes saber máis deste autor, que se criou en Vilagarcía de Arousa, clicade aquí:


Comentarios

Entradas populares de este blog

MATEMÁTICAS-Los números naturales

LENGUA CASTELLANA Y LITERATURA - La narración

XEOGRAFÍA E HISTORIA - A Prehistoria e as primeiras civilizacións