UNHA VIAXE A TRAVÉS DAS LETRAS-Textos escollidos
ALUMNADO CON NEAE DE 1º E 2º DA ESO DO IES CASTRO ALOBRE DE VILAGARCIA DE AROUSA
Boas tardes!
Hoxe imos falar dunha narradora e poeta a quen se lle dedicou o Día das Letras Galegas no ano 1987.
É a coruñesa Francisca Herrera Garrido (1869-1950), a primeira muller en ser elexida membro numerario da Real Academia Galega no ano 1945, que morreu denantes de ler o seu discurso de ingreso na RAG sobre Rosalía e os poetas considerados "poetas da Raza".
Francisca Herrera tivo como modelo literario a Rosalía de Castro a quen coñeceu e a quen leu intensamente.
En palabras de Carballo Calero na súa Historia da Literatura Galega Contemporánea, Francisca:..."debe ser tida como unha das primeiras figuras femeninas da literatura galega... apurrada por unha fervente vocación, escribiu moitísimos versos aos que non tardaron en seguir as prosas."
En 1920 publica a súa novela longa Néveda, a obra máis coñecida da autora, onde consigue reflectir con autenticidade o ambiente galego. Imos ler o seguinte fragmento, respetando a súa forma de escribir:
Unha muller e unha nena, c'o traxe d-as montañesas galegas, ollaban, e parábanse, diante de toda-las casas d'a rúa. A muller non era vella: cicáis non tiña cinconta anos; e bulía e rebulía, igual que se non cumprira vinte. Levaba (sobre d'outras seis ou sete sayas) un refaixo, roxo, como a vergonza d'as xentes de ben: cuberto, en parte, por un basto mantelo de picote: unha chaqueta, redonda, que non lograba pillarll'a centura; e baixo d'ela, un pano, froreado, con mais vistosidá, qu'as ledicias d'unha noiva gustosa. Dúas trenzas, ( envexa d'un peluqueiro d'a vila) amostrábanse baixo a punta d'outro pano, tamén con frecos e flores, e amarrado e cruzado por riba d'a coliga, pra amarrar e cruzar de novo, e deixar mais frores e mais frecos sobr'a a testa.
Para saber máis, clicade aquí:
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/francisca-herrera-garrido-letras-galegas-1987
Para saber máis, clicade aquí:
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/francisca-herrera-garrido-letras-galegas-1987
Comentarios
Publicar un comentario