UNHA VIAXE A TRAVÉS DAS LETRAS-Textos escollidos

ALUMNADO CON NEAE DE 1º E 2º DA ESO DO IES CASTRO ALOBRE DE VILAGARCÍA DE AROUSA

Ola! Bos días!

Xa sabedes que o día 17 de maio é para os cidadáns e cidadás galegos o Día das Letras Galegas desde que, en 1963, a Real Academia Galega (RAG) decidiu dedicarlle esta data a un autor ou autora que destacase na defensa e promoción da lingua e cultura galegas...Recordades por que se elixiu ese día e a quen se lle dedicou esa 1ª edición das nosas letras?



Tendes razón, dedicóuselle a Rosalía de Castro (1837-1885) polo seu libro Cantares Gallegos publicado o 17 de maio de 1863, que viu a luz para reivindicar a Galicia e a súa lingua. En 1963 cumpríasen os cen anos desta efeméride, de maneira que cando foi aprobada por unanimidade a proposta de declarar tal data como Día das Letras Galegas conmemorábase un momento fundamental das nosas letras á vez que se abría un camiño de recordo e recuperación , de celebración e de festa.

Se vos parece imos ler no libro Cantares Gallegos,  o primeiro poema en galego que escribiu Rosalía, que nos fala da emigración.


Adiós, ríos; adiós fontes;
adiós regatos pequenos;
adiós, vista dos meus ollos;
non sei cándo nos veremos.

Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criéi,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantéi,

  prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento

  muíño dos castañares,
noites craras de luar,
campaniñas trimbadoras
da igrexiña do lugar,

  amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor,
caminiños antre o millo,
¡ adiós, para sempre adiós!

  ¡ Adiós groria!  ¡Adiós, contento!
¡ Deixo a casa onde nacín,
deixo a aldea que conoso
por un mundo que non vin!

  Deixo amigos por estraños,
deixo a veiga polo mar,
deixo, en fin, canto ben quero...
¡ Quén pudera no o deixar...!
... ... ... ... ... ... ... ... ... ...

Imos escoitar este poema na voz de Amancio Prada:

 

Comentarios

Entradas populares de este blog

MATEMÁTICAS-Los números naturales

LENGUA CASTELLANA Y LITERATURA - La narración

XEOGRAFÍA E HISTORIA - A Prehistoria e as primeiras civilizacións