UNHA VIAXE A TRAVÉS DAS LETRAS-Textos escollidos
ALUMNADO CON NEAE DE 1º E 2º DA ESO DO IES CASTRO ALOBRE DE VILAGARCÍA DE AROUSA
Boas tardes !... E moi boa fin de semana!
Hoxe falaremos dun escritor, que naceu na viliña feudal de Fefiñáns, e tomando as palabras de Carballo Calero: "No momento en que o poeta nacía, chovía a Deus dar augas"....Sabedes de quen falo?
É Ramón Cabanillas Enríquez (1876-1959), o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas do ano 1976. Un dos escritores decisivos na creación do imaxinario literario galeguista contemporáneo, razón pola que será recoñecido como o Poeta da Raza e lexítimo sucesor de Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e Curros Enríquez. En 1920 foi elexido membro da Real Academia Galega e no ano 1929 da Real Academia Española.
A súa obra é unha proclama poética de loita anticaciquil, como corrobora no segundo libro de poemas Vento mareiro, do que imos ler o poema Camiño Longo.
Camiño, camiño longo,
camiño da miña vida,
escuro e triste de noite,
e triste e escuro de día...
¡camiño longo
da miña vida!
Vereda, vereda torta
en duras laxes abertas,
arrodeada de toxos,
crebada polas lameiras...
¡vereda torta,
ti onde me levas!
Camiño, camiño longo.
A choiva. a neve e as silvas
enchéronme de friaxe,
cubríronme de feridas...
¡camiño longo
da miña vida!
Vereda, vereda fonda
de fontes triste, sen auga;
sen carballos que den sombra,
nin chouzas que den pousada...
¡vereda fonda,
ti cando acabas!
(Vento mareiro,1915)
Escoitemos a Juan Pardo e a Amancio Prada interpretando o poema de Ramón Cabanillas, Probiña da tola:
https://www.youtube.com/watch?v=nSocDhORr7M
Comentarios
Publicar un comentario