UNHA VIAXE A TRAVÉS DAS LETRAS-Textos escollidos

ALUMNADO CON NEAE DE 1º E 2º DA ESO  DO IES CASTRO ALOBRE DE VILAGARCÍA DE AROUSA

Bos días !

Imos seguir a nosa viaxe recordando unha figura central na vida cultural e   política galega no primeiro tercio do século XX , a quen se lle dedicou o Día das Letras Galegas en 1981.



É Vicente Martínez Risco e Agüero (1884-1963), escritor, político e ensaista, de ideoloxía galeguista conservadora que conformou as bases do nacionalismo galego.
Na Historia da Literatura Galega Contemporánea, Carballo Calero di:" Risco é un escritor fundamentalmente didáctico, de xeito que a súa narrativa é ideolóxica: ou trátase de sátira social, ou glósase a cultura popular ou algunha outra forma da cultura". Imos ler un fragmento da súa obra recopilatoria Leria (1961):

“Nas camiñatas longas polas vereas enlamadas do val, antre as muradellas dos eidos e á sombra dos carballos, polos vieiros abertos da serra, batidas do vento, antre as uces e as carqueixas, polas estradas poeirentas baixo un sol de xusticia; nas pousas na porta da chouza e na portalada do pazo, ao pé do cruceiro ou debaixo dun cabaceiro, ao acollido da chuvia, xantando nos mesós, sentados nos longos bancos onde se sentan os arrieiros e os camiñantes; durmindo nas pousadas da aldea, baixo o faiado de rexas trabes de castiñeiro; falando cos rapaces, cos vellos, coas mulleriñas, cos homes que andan no traballo; ollando os longos horizontes cinguidos de serras azúes, sorbendo o ár fresco da mañá e o luar da noite, vai ún comungando coa terra, deixándoa entrar máis adentro na ialma, sintinto a suprema mística identidade coa gran Nai silenzosa, ao tempo que a súa vida imensa nos inunda e adonámonos dun pouco da forza plástica criadora de todas as cousas. A forza inmorredoira que ha dar forma fatura á ialma segreda e diviña de Galicia."

Se queredes saber máis cousas de Vicente Risco clicade aquí:

https://www.youtube.com/watch?v=32WcGKEKQ4A








Comentarios

Entradas populares de este blog

MATEMÁTICAS-Los números naturales

LENGUA CASTELLANA Y LITERATURA - La narración

XEOGRAFÍA E HISTORIA - A Prehistoria e as primeiras civilizacións