UNHA VIAXE A TRAVÉS DAS LETRAS-Textos escollidos
ALUMNADO CON NEAE DE 1º E 2º DA ESO DO IES CASTRO ALOBRE DE VILAGARCÍA DE AROUSA Boas tardes !... E moi boa fin de semana! Hoxe falaremos dun escritor, que naceu na viliña feudal de Fefiñáns, e tomando as palabras de Carballo Calero: "No momento en que o poeta nacía, chovía a Deus dar augas"....Sabedes de quen falo? É Ramón Cabanillas Enríquez (1876-1959), o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas do ano 1976. Un dos escritores decisivos na creación do imaxinario literario galeguista contemporáneo, razón pola que será recoñecido como o Poeta da Raza e lexítimo sucesor de Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e Curros Enríquez. En 1920 foi elexido membro da Real Academia Galega e no ano 1929 da Real Academia Española. A súa obra é unha proclama poética de loita anticaciquil, como corrobora no segundo libro de poemas Vento mareiro , do que imos ler o poema Camiño Longo . Camiño, camiño longo, camiño da miña vida, escuro e triste d