UNHA VIAXE A TRAVÉS DAS LETRAS- Textos escollidos

ALUMNADO CON NEAE DE 1º E 2º DA ESO DO IES CASTRO ALOBRE DE VILAGARCÍA DE AROUSA


Moi bos días!! 

Hoxe imos falar dun notable poeta, dramaturgo, narrador e ensaísta que participou nos movementos políticos e culturais impulsados polo galeguismo. Membro da Real Academia Galega dende 1958, foi o primeiro catedrático universitario de Lingüística e Literatura Galega da historia, e xa na súa madurez defendeu  o achegamento do noso idioma ao portugués... Sabedes de quen estou a falar ?


É Ricardo Carballo Calero (1910-1990), figura indispensable para coñecer a historia da Lingua e da Literatura galega do século XX,  o autor ao que neste ano 2020 a Real Academia Galega dedica o Día das Letras Galegas.
O que quedará como unha das obras máis grandes da literatura galega será a poesía de Carballo, que é quizais a máis complexa poesía do pasado século.
Imos ler un poema no que lembra a súa infancia na súa terra natal de Ferrol.
(Respétase a súa forma de escribilo)

FERROL 1916

Cinco duros pagábamos de aluguer.
Era um  terceiro andar, bem folgado.
Pola parte de atrás dava para o Campinho,
e por diante para a rúa de Sam Francisco.

No segundo vivía a minha tía aboa
Tiña unha peza cheia de paxaros
que só abría os días de festa
para que os nenos disfrutásemos nela.

Aínda vivía minha mae
e todos os meus irmaos vivíam
e em frente trabalhava o senhor Pedro o tanoeiro.
e a grande tenda de efeitos navais mantinha o seu trafego.


Na casa tinhamos pombas
e ; por suposto, un grande gato mouro,
e o meu pai era novo aínda,
e no mar do mundo cada día descobría eu unha ilha.

Vía o mar da minha fiestra,
e chegavam cornetas da marinha.
E baixava os degraus dúas vezes ao día para ir á escola,
e dúas vezes rubia-os de volta.

As mulleres entom usavam capa e corsé,
e íamos á aldeia em coche de cavalos,
e a rúa estava ateigada de pregóns de sardinhas
e de ingleses que vendíam Biblias.

Eu tinha un pacto con Deus:
que ninguén dos meus morrería.
E o pacto era observado,
e eu confiaba na perenidade do pacto.

Todo isto fica tam longe
que aduro podo aínda lembrá-lo.
Esquecería-o dentro de pouco tempo
se non escrebese estes versos.

Podemos escoitar agora este poema pertencente á obra Futuro condicional en voces infantís e despois unhas imaxes de Ferrol, clicando aquí;









Comentarios

Entradas populares de este blog

MATEMÁTICAS-Los números naturales

LENGUA CASTELLANA Y LITERATURA - La narración

XEOGRAFÍA E HISTORIA - A Prehistoria e as primeiras civilizacións