ATA PRONTO!
ALUMNADO CON NEAE DE 1º E 2º DA ESO DO IES CASTRO ALOBRE DE VILAGARCÍA DE AROUSA Boas noites! Ata aquí chegou o percorrido neste curso académico 2019-2020 deste blogue que xurdiu e se elaborou no confinamento en tempos de pandemia pola covid-19. Estivemos repasando os contidos dados no 1º e 2º trimestre deste curso, e a partir do día 23 de abril foi unha xanela aberta á lectura, que ten que ser para todos nós un hábito cotiá. O meu obxectivo foi contribuír a mantela e impulsala, pois a lectura é unha constante na nosa vida. Espero que disfrutarades nesta viaxe a través das letras; quedaron atrás moitos autores e autoras en lingua castelá e lingua galega que non puideron, por falta de tempo, ver a luz neste blogue no presente curso. Grazas a todas e todos os que léchedes este blogue pola vosa atención e seguimento. E recordarvos que non vos esquezades de ler un pouquiño tódolos días e para que poida voar a vosa imaxinación lede moito este verán e disfrutade da