LINGUA GALEGA E LITERATURA-CARBALLO CALERO-textos
ALUMNADO CON NEAE DE 1º E 2º DA ESO DO IES CASTRO ALOBRE DE VILAGARCÍA DE AROUSA
OS «CONTOS POPULARES DA PROVINCIA DE LUGO» FORON RECOLLIDOS POLO PROFESORADO
DE PRIMARIA DOS BEIZOS DA RAPAZADA DOS SEUS COLEXIOS E PUBLICADOS POLO CENTRO DE ES-
TUDOS FINGOI. A PRIMEIRA EDICIÓN, EN 1963, CONSTABA DE 300 CONTOS.
Imos ler un deses contos recollidos da tradición oral, publicados polo colexio Fingoi de Lugo onde traballaba Carballo Calero:
O ANDALUZ E O GALEGO
Unha vez era un andaluz e un galego, que ían xuntos no tren, meténdose pullas un ao outro, e o andaluz díxolle ao galego:
-En mi tierra vi un repollo tan grande que ocupaba una extensión de cuatro kilómetros cuadrados.
Entón díxolle o galego:
-Pois na miña terra están a facer unha caldeira tan grande que traballan nela cen latoeiros e non se sinten uns aos outros golpear cos martelos.
-¿Y para que iban «haser» una «cardera» tan grande?
-Para cocer o teu repolo -constestoulle o galego con moita retranca.
ACTIVIDADES:
1.- Cales son os personaxes deste conto?
2.- Que trola lle mete o andaluz ao galego?
3.- Que che parece a resposta do galego?
TRABALLO:
1.- Fai un resumo da vida e da obra de Ricardo Carballo Calero.
Comentarios
Publicar un comentario