LINGUA GALEGA E LITERATURA-CARBALLO CALERO-textos

ALUMNADO CON NEAE DE 1º E 2º DA ESO DO IES CASTRO ALOBRE DE VILAGARCÍA DE AROUSA



Imos ler este relato de Ricardo Carballo Calero:

AS PITAS BAIXO A CHOIVA

Digades o que queirades, os galos non son agora tan fermosos como nos tempos da miña nenez. Os galos que hoxe vexo, son brancos, grises; as cristas, pequeneiras e moradas, as colas, como de galiña, curtas, raquíticas. Cando eu era un cativo, outros galos nos cantaban. Eran unhas aves ergueitas, lanzais, maxestosas. Cristas vermellas que pandeaban co pesadume, feros peteiros, ollos acesos, colo tornasolado de lene e brando plumaxe, podentes ás, esporas douradas; e a cola un chafarís de lumes e de sombras, con aquelas longas penas, curvadas como caxatos, como báculos de pegureiros, de bispos orientais.



«AS PITAS BAIXO A CHOIVA» NARRA UN FEITO QUE LLE ACONTECEU A RICARDO CANDO ERA NENO

INTENTABA METER AS PITAS NO GALIÑEIRO PARA QUE NON SE MOLLARAN. AO FINAL ACABAN TODOS

MOLLADOS. O RELATO FOI PUBLICADO NA REVISTA «LAR» NO ANO 1952.

ACTIVIDADES:

1.- Que animal se describe neste relato?

2.- Como eran os galos cando Carballo Calero era neno?

3.- Fai unha lista cos adxectivos que aparecen no texto referidos ao galo.

Comentarios

Entradas populares de este blog

MATEMÁTICAS-Los números naturales

LENGUA CASTELLANA Y LITERATURA - La narración

XEOGRAFÍA E HISTORIA - A Prehistoria e as primeiras civilizacións